Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación fotovoltaica no concello do Páramo (expediente LU-2022-05).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Virandel, S.L. (CIF: B15637051).

Domicilio social: r/ Templarios, 4-6 bx., O Burgo, 15670 Culleredo (A Coruña).

Denominación do proxecto: proxecto de hibridación FV Serra do Páramo, de 3,2 MW nominal.

Situación: polígono 11, parcelas 2, 3, 11, 12, 109 e 110, no concello do Páramo (Lugo).

Parcelas con referencia catastral: 27043A011000020000LM, 27043A011000030000LO, 27043A011000110000LI, 27043A011000120000LJ, 27043A011001090000LZ, 27043A011001100000LE.

Potencia que se instalará: 3.200 kW.

Potencia de acceso concedida para hibridación a través da tecnoloxía fotovoltaica: 3.375 kW.

Potencia de acceso concedida para hibridación a través da tecnoloxía eólica existente e da fotovoltaica proxectada: 20.000 kW.

Características técnicas principais das instalacións:

• Instalación solar fotovoltaica conectada á rede de distribución de 3.200 kW de potencia nominal (3.705 kWp), formada por:

– Cinco mil setecentos (5.700) módulos solares fotovoltaicos de silicio monocristalino de 650 Wp por unidade, colocados sobre unha estrutura metálica fixa, con inclinación 25º e fincada ao chan mediante zapatas de formigón armado.

– 16 inversores de 200 kW de potencia nominal, limitada á potencia de acceso máxima autorizada para a instalación híbrida mediante o sistema de control existente para o parque eólico Serra do Páramo.

– Centro de transformación (CT) en caseta prefabricada, que albergará un transformador de 3.250 kVA de aceite, con relación de transformación 20/0,8 kV, e un transformador de 5 kVA con relación de transformación 0,8/0,4/0,23 kV para servizos auxiliares, coas correspondentes celas de liña, medida e protección.

– Liña eléctrica soterrada a 20 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 95 mm2, de 356 m de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT e final na cela proxectada na subestación existente do parque eólico Serra do Páramo.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións.

Documentación que se expón:

O proxecto de execución, asinado o 2 de xaneiro de 2023.

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 62.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/solar-fotovoltaica/paramo

Lugo, 11 de abril de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo