Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT e CTC Campo da Porta.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CTC Campo da Porta, no concello de Pontevedra, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares das contas en que se ingresará o depósito.

Vigo, 30 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/173-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT e CTC Campo da Porta.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

2

36900A037002570000QQ

Manuel Ribadulla Cortegoso

2023/54/79