Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do parque eólico Targos, situado nos concellos da Estrada e Silleda, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/113).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U. (NIF: B84160423).

Denominación do proxecto: parque eólico Targos.

Concellos afectados: A Estrada e Silleda (Pontevedra).

Potencia total: 30 MW.

Número de aeroxeradores: 6.

Produción media neta esperada: 95.252 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 28.541.715,43 euros.

Coordenadas da poligonal de delimitación do parque eólico:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

a

551.200,00

4.728.900,00

b

551.200,00

4.728.000,00

c

550.700,00

4.728.000,00

d

550.100,00

4.729.000,00

e

552.000,00

4.730.760,00

f

553.700,00

4.730.760,00

g

553.700,00

4.728.569,00

h

552.805,00

4.728.894,00

i

552.630,00

4.728.921,00

j

552.557,00

4.728.973,00

k

552.522,00

4.729.027,00

l

552.442,00

4.729.241,00

m

552.382,00

4.729.303,00

n

552.225,00

4.729.363,00

ñ

551.930,00

4.729.363,00

o

551.836,00

4.729.326,00

p

551.655,00

4.729.151,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TA-01

553.121,50

4.730.189,88

TA-02

552.789,00

4.730.348,00

TA-03

552.477,04

4.730.513,47

TA-04

550.934,29

4.728.486,92

TA-05

550.713,70

4.728.826,42

TA-06

552.863,55

4.729.648,87

Coordenadas da subestación:

Subestación

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

SET

553.123,00

4.729.680,00

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre meteor.

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TM

552.640,94

4.729.890,15

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 6 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG 170 ou similar, de 5.000 kW de potencia nominal unitaria, 170 m de diámetro de rotor e 120 m de altura de buxa. Cada aeroxerador está equipado cun transformador, instalado no interior da góndola, de potencia aparente 5.300 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica subterránea de 30 kV, de conexión dos aeroxeradores coa subestación colectora do parque, formada por dous circuítos. O circuíto 1 conecta en serie os aeroxeradores TA-03, TA-02 e TA-01 coa subestación. O circuíto 2 conecta os outros tres aeroxeradores coa subestación: o TA-04 e o TA-05 en serie entre si, e os dous en paralelo co TA-06.

As liñas están constituídas por ternas de condutores unipolares RHZ1-2OL 18/30 kV Al +H16 de sección 240 e 630 mm² segundo o tramo. Na gabia das liñas colectoras tamén se instalan o cable de terra (un condutor de cobre nu de sección 50 mm²) e os cables de comunicacións.

– Subestación transformadora 30/220 kV. Os equipamentos de 220 kV están situados nun parque de intemperie, de tecnoloxía convencional, con illamento en aire (AIS). As cellas metálicas prefabricadas de 30 kV están no edificio da subestación, de nova construción, onde tamén se sitúa o centro de control do parque eólico.

A subestación está composta dos seguintes elementos:

• Unha posición combinada de liña-transformador de 220 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida.

• Un transformador de 30/35 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 220/32 kV e regulación en carga 220 ± 10 x 1,5 % kV.

• Unha reactancia de posta a terra en 30 kV, con limitación de corrente a 500 A, 30 s.

• Unha posición de transformador de 30 kV.

• Dúas posicións de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

• Unha posición de batería de condensadores de 30 kV.

• Unha posición de transformador de servizos auxiliares de 30 kV con medida de tensión en barras.

• Un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA.

Para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación móntanse os seguintes cadros:

• Un sistema independente de corrente continua 125 Vcc.

• Servizos auxiliares.

• Proteccións eléctricas.

• Sistema de control e SCADA.

As infraestruturas de evacuación para levar a enerxía desde a subestación do parque eólico Targos ata a subestación Portodemouros 220 kV de REE están actualmente en proceso de definición e deseño e non son obxecto deste expediente.

– Torre meteorolóxica de 120 m de altura.

– Vías de acceso cunha lonxitude total estimada de 6.050 m (3.983 m de nova execución e 2.067 m acondicionados).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 34.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello da Estrada (praza do Concello, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra) e do Concello de Silleda (rúa Trasdeza, 55, 36540 Silleda, Pontevedra).

Pontevedra, 3 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra