Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2023/109-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT PSY806, CTC A Moreira.

Situación: Marín.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 146 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9XMM0DKN//D82-3 da LMTA PSY8068404 e final no apoio proxectado C-1000/14 na LMTA PSY8068404.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 430 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación (CT) a 100 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado nas parcelas con referencia catastral 36026A027003920000LG e 36026A027003910000LY, no lugar de Moreira.

A instalación está situada en Moreira, no concello de Marín (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 22 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/109-4.

Denominación: LMT PSY806, CTC A Moreira.

Concello: Marín.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Apoio

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

Cachopei

Rústico

36026A027003920000LG

Dolores Crespo Calvar

7,91

0,51

1,04

2

Carapude

Rústico

36026A027003910000LY

Descoñecido/a

7,06

0,55

1,26

3

Insua

Rústico

36026A027002990000LT

Descoñecido/a

1

1,44

9,88

32,95

4

Insua

Rústico

36026A027003120000LJ

Descoñecido/a

3,29

2,89