Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2023/108-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21).

Situación: Tomiño.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1 de 1857 metros de lonxitude, en catro actuacións. A primeira é de 488 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9UVBTLS3//129 da LMT ROS806, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) O Cotro (36CN21). A segunda é de 373 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación O Cotro (36CN21) e final no centro de transformación proxectado en Vilar de Matos. A terceira é de 996 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado en Vilar de Matos e final no apoio existente 9UVBTLS3//129 da LMT ROS806, mediante un paso aéreo subterráneo.

Reforma do centro de transformación tipo palomar O Cotro 36CN21, situado no Cotro, consistente na substitución da aparellaxe actual por un bloque compacto manobra exterior de 400 kVA.

Centro de transformación de 250 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36054A099004480000EJ, no lugar de Vilar de Matos.

As instalacións están situadas no lugar do Cotro, parroquia de Tomiño, e no lugar de Vilar de Matos, parroquia de Forcadela, no municipio de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 22 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/108-4.

Denominación: LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21).

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Vilar de Matos

Urbana

36054A099004480000EJ

Serafín Rodríguez Pérez

16,81

2,71

11,14