Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Adela II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Adela II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 20 de marzo de 2023, Víctor García Moroño solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Adela II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Víctor Juan García Dios (***3157**) e Víctor García Moroño (***7930**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Adela II.

Situación:

Cuadrícula nº: 215.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Víctor Juan García Dios (***3157**) e Mercedes Moroño Vázquez (***4405**).

Novos titulares: Víctor Juan García Dios (***3157**) e Víctor García Moroño (***7930**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo