Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Oternun.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Oternun e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 20 de marzo de 2023, Luciana Cores Carro solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante apartación, da concesión administrativa e da batea Oternun.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Conselleria do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante apartación, a favor de Luciana Cores Carro (***4856**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Oternun.

Situación:

Cuadrícula nº: 24.

Polígono: B.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 31.10.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Otero Núñez (***4401**).

Nova titular: Luciana Cores Carro (***4856**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo