Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do expediente con código PO-00021546H(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Trasparga, concello de Guitiriz, provincia de Lugo, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 10 de maio de 2021 tivo entrada o expediente con código PO-00021546H(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Trasparga.

Segundo. Con data do 14 de decembro de 2022 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve formular a declaración de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal no monte veciñal en man común de Trasparga, no concello de Guitiriz (Lugo), promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Trasparga, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.

Terceiro. Con data do 6 de marzo de 2023 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do expediente con código PO-00021546H(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Trasparga, no concello de Guitiriz, provincia de Lugo, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e en todo caso antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitiralle ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro, de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00021546H(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Trasparga, no concello de Guitiriz, provincia de Lugo.

A dita resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal