Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa por parte de titulares descoñecidos por incumprimento da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non é posible determinar o lugar de notificación para o envío de comunicación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data alta de inspección

Ref. catastral

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Persoa responsable

12.7.2022

36029A05700217

Tirán

O Igrexario/Carrasqueira

Descoñecida

2.8.2022

36029A05700499

Tirán

O Igrexario/Carrasqueira

Descoñecida

5.12.2022

36029A05700389

Tirán

O Igrexario/Catadouro

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referenciada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos da xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas franxas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº expediente

Ref. catastral

Hectárea afectada

Estimación prezo

Liquidación provisional

2021/3029A05700217

36029A05700217

0,36

3.545,82

1.276,5

2021/3029A05700217

36029A05700499

0,04

3.545,82

141,12

2021/36029A05700389

36029A05700389

0,45

3.545,82

1.595,62

Moaña, 9 de marzo de 2023

Leticia Santos Paz
Alcaldesa