Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/00156 e tres máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 23 de marzo de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2021/00156

35696006Y

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2019/00074

33321775L

33315799T

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2017/00147

33544381P

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2013/00136

X3060609E / DU4860178

Resolución de cancelación da inscrición