Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 23 de marzo de 2023
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
PR204A 2022/7602-4 |
11958273K |
Denegatoria |
PR204A 2022/8883-4 |
15017626Y |
Denegatoria |
PR204A 2022/9130-4 |
39491447X |
Denegatoria |
PR204A 2023/300-4 |
72521247Q |
Denegatoria |
PR204A 2023/1365-4 |
52175092Y |
Denegatoria |
PR204A 2023/1458-4 |
X4824829G |
Denegatoria |
PR204A 2023/1675-4 |
35419369J |
Denegatoria |