Mediante Resolución de Alcaldía de data do 3 de abril de 2023, o Concello da Teixeira adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Proceder ao nomeamento de Mª José Quiroga Álvarez, con DNI nº ***4891**como funcionaria de carreira deste concello para ocupar en propiedade unha praza de administrativo, integrada no grupo C, subgrupo C1, pertencente á escala da Administración xeral incluída na OEP de estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio 2022.
Segundo. Publicar o nomeamento no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, así como no BOP e sede electrónica do Concello.
Terceiro. Trasladar a resolución á interesada, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG, indicándolle que, en caso de non facelo, poderá ser declarada en situación cesante e, consecuentemente, decaída do seu dereito.
A Teixeira, 3 de abril de 2023
Marisol Borrajo Lorenzo
Alcaldesa en funcións