No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 22 de febreiro de 2023, publicáronse as bases xerais polas cales se rexerá o proceso selectivo da oferta de emprego público complementaria 2022 do Concello de Vilasantar, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 53, do 17 de marzo de 2023, publicáronse as bases específicas, correspondentes á seguinte praza: unha (1) praza de traballadora social a media xornada.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Vilasantar, 17 de marzo de 2023
Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde presidente