Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 24 de marzo de 2023 polo que se notifica a resolución da execución subsidiaria da orde de demolición ditada no expediente COR/127/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 21 de febreiro de 2023, ditou resolución pola que se dispón a execución subsidiaria pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con cargo á obrigada, do ordenado na Resolución do 28 de setembro de 2017, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, mediante a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda sen vinculación a explotación agropecuaria, na parcela de referencia catastral 15072A029019480000PB, situada no lugar de Río Sieira-O Barrento, parroquia de Caamaño, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio da actuación ilegal.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 53799335N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento xurídico inherentes á execución subsidiaria.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística