Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de marzo de 2023 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública.

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, foi sometido a información pública o Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial do Corgo (Lugo), mediante o Anuncio do 13 de xuño de 2022 (BOP núm. 138, do 17 de xuño e DOG núm. 120, do 23 de xuño).

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Referencia catastral

Persoa/s a notificar

27014A08300008

Alfonso Fouce Cela

27014A08300005

Alfonso Fouce Cela

27014A08400072

Ana María Abuín Gómez

27014A03100075

José Jaime Gómez Díaz-Castroverde Apolinar

27014A03100032

José Jaime Gómez Díaz-Castroverde Apolinar

27014A03300049

Luis Sánchez Orozco

27014A03300092

Luis Sánchez Orozco

27014A03300096

Luis Sánchez Orozco