Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de marzo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 13 de marzo de 2023, relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Tagagueiras, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramilo, no concello de Viana do Bolo.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Tagagueiras, pertencente á CMVMC de Ramilo, no concello de Viana do Bolo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 23.9.2022, a CMVMC de Ramilo presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2338658) de revisión de esbozo do MVMC Tagagueiras, no concello de Viana do Bolo.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 27.8.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 28 de novembro de 2022 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros, que non se encontran deslindados.

A superficie do MVMC Tagagueiras, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.099,83 ha fronte ás 1.140 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución dun 3,5 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo do MVMC Tagagueiras.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 28 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 27 de febreiro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte veciñal en man común MVMC Tagagueiras, pertencente á CMVMC de Ramilo, no concello de Viana do Bolo.

Ourense, 23 de marzo de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense