Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA REG804 no treito entre os apoios número 99 e 105, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA REG804 no treito entre os apoios núm. 99 e 105, na Casa do Concello de Xunqueira de Espadanedo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 22 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/81-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Xunqueira de Espadanedo.

Denominación: denominada regulamentación da LMTA REG804 no treito entre os apoios núm. 99 e 105.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Pena da Malla

CMVMC Barrio, Xunqueira de Espadanedo e Obellariza

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Espadanedo

6.6.2023

12.00