Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22704

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023 pola que se que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedrático/a de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 2 de decembro de 2022 (BOE do 12 de decembro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

O citado nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO


concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

6C/23

Antonio Javier

Ferreira Fernández

***0682**

Catedrático/a de universidade

Dereito Administrativo

Dereito Público e Teoría do Estado

Santiago de Compostela

A00683

12C/23

Alberto

Rojo Alboreca

***0540**

Catedrático/a de universidade

Enxeñaría Agroforestal

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

A00689

15C/23

María Amparo

Alfonso Rancaño

***0350**

Catedrático/a de universidade

Farmacoloxía

Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Lugo

A00692

16C/23

María José

López Couso

***5383**

Catedrático/a de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

A00693

17C/23

Laura María

Lojo Rodríguez

***8458**

Catedrático/a de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

A00694

18C/23

María Belén

Méndez Naya

***4821**

Catedrático/a de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

A00695

20C/23

María Esther

Corral Díaz

***5166**

Catedrático/a de universidade

Filoloxía Románica

Filoloxía Galega

Santiago de Compostela

A00697

24C/23

Juan José

Saborido Silva

***5370**

Catedrático/a de universidade

Física Atómica, Molecular e Nuclear

Física de Partículas

Santiago de Compostela

A00701

25C/23

Gonzalo

Míguez Macho

***9151**

Catedrático/a de universidade

Física da Materia Condensada

Física de Partículas

Santiago de Compostela

A00702

26C/23

Jesús Manuel

Mosqueira Rey

***9224**

Catedrático/a de universidade

Física da Materia Condensada

Física de Partículas

Santiago de Compostela

A00703

31C/23

José Miguel

Andrade Cernadas

***5061**

Catedrático/a de universidade

Historia Medieval

Historia

Santiago de Compostela

A00708