Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22703

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 (BOE do 24 de decembro), para a provisión da praza número 22/043, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica, Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade, a favor de Francisco Javier González Varela, con DNI núm. ***9700**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier González Varela profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica, Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de marzo de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña