Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto de almacenamento eléctrico BESS Troncal, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2022/007-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Naturgy Nuevas Energías, S.L.U.

Denominación do proxecto: proxecto de instalación de almacenamento eléctrico BESS Troncal (visado dixital do 16 de decembro de 2022), asinado por Jorge Núñez Ares. Adenda do 28 de febreiro de 2023.

Concello afectado: Vigo.

Potencia máxima de funcionamento: 5 MW, limitada mediante os sistemas de conversión de potencia, que regula a conexión desde os transformadores ata o punto de conexión, e de control de xestión das baterías.

Orzamento execución material: 2.859.337,19 €.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 3 contedores Energy Storage System de 40 pés (12 metros aproximadamente) destinados a albergar as baterías de ion-Li en modalidade stand-alone, cunha capacidade total de 12,36 MWh (BoL).

– 2 contedores Power Station de 40 pés (12 metros aproximadamente) destinados a albergar o sistema de inversión CC/CA e de transformación BT/MT a través de 3 inversores con tensión de entrada 610-820 Vcc e tensión de saída de 400 Vca e 2 transformadores de potencia aparente de 3 MVA, con relación de transformación 0,4/15 kV.

– A planta BESS Troncal conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 15 kV ata a subestación distribuidora Troncal 15 kV, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado RHZ1-2OL 12/20 1×400 mm2 Al H+16 Cu, dunha lonxitude de 248 metros.

Órgano competente para autorizar o proxecto: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O que se fai público, de conformidade cos artigos 115 e 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O proxecto estará á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, teléfono de consultas: 986 80 52 25. Tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Pontevedra, 17 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra