Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica Substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC, prevista no termo municipal de Tomiño (expediente IN407 2023/071-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC (expediente IN407 2023/071-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 17 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/071-4.

Denominación: substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

3

Adaballe

Rústico

36054A040002840001RE

Ignacio Alonso Piñeiro

Pilar Alonso Piñeiro

31,50

20,07