Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2023/017-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: peche de LMTA REG803 e REG804 en CT 32C547.

Situación: concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

Características principais recollidas no proxecto:

• LMTA, a 20 kV, de 1634 m de lonxitude, dobre circuíto, en condutor LA-110, con orixe no apoio proxectado núm. D93 da LMTA REG803/REG804 e final no apoio proxectado núm. 108 da LMTA REG803/REG804.

• LMTS, a 20 kV, de 1.100 m de lonxitude, dobre circuíto, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), con orixe no dobre paso A/S que se realizará no apoio proxectado núm. 108 da LMTA REG803/REG804 e final no centro de transformación existente CT32C547-Xunqueira de Espadanedo.

Adecuación do centro de transformación existente CT32C547-Xunqueira de Espadanedo, coa instalación de catro celas de liña, unha cela de acoplamento e unha cela de protección do transformador.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 9.10.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 8 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/017-3.

Situación: concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

Denominación: peche de LMTA REG803 e REG804 en CT 32C547.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32050A008000510000LU.

Lugar: Aradas.

Cultivo: prado.

Titular: Antonio Gómez García.

Afeccións: ocupación de 963 m2 de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32038A038000110000KQ.

Lugar: Derroxas.

Cultivo: prado.

Titular: Amable Méndez Gómez.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 95.

Predio núm. en proxecto: 5; referencia catastral: 32038A038000100000KG.

Lugar: Penedo do Lobo.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Sergio Fernández Ferreiro.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 96.

Predio núm. en proxecto: 8; referencia catastral: 32038A036000440000KE.

Lugar: Pena da Malla.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 6 m2 para os apoios núm. 100, 101 e 102.