Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2023/039-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CTC e RBT Castrelo do Val.

Situación: concello de Castrelo do Val.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación de interruptor-seccionador, na LMT existente VII803, no apoio proxectado núm. 46-6, de celosía metálica, do tipo C-14/1000, que se instalará na derivada ao CT 32CDK1 e a derivada ao CT 32CK56.

• LMT soterrada, a 20 kV, de 403 m de lonxitude, con orixe no paso A/S proxectado no apoio proxectado núm. 46-6 da LMT existente VII803 e remate no CT proxectado.

• CT proxectado, de tipo prefabricado rural manobra exterior, con transformador de 160 kVA e RT 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 2.12.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 8 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/039-3.

Situación: concello de Castrelo do Val.

Denominación: LMT, CTC e RBT Castrelo do Val.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32022A501003710000AJ.

Lugar: Pombal.

Cultivo: viña.

Titular: Emilio Lois Rivera.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 2 m2 para o apoio 46-6×1; ocupación de 9 m2 de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32022A501003570000AF.

Lugar: O Fontairo.

Cultivo: viña.

Titular: Santiago Rodríguez García.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 15 m2 para o CT; ocupación de 6 m2 de servidumbre de voo.