Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023 polo que se notifica a inadmisión da solicitude de fraccionamento da débeda, segundo o expediente 05/FRAC/2023, para a 3ª multa coercitiva, dentro do expediente SIL/117/2012.

O día 28 de febreiro de 2023, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución de inadmisión da solicitude de fraccionamento realizada pola persoa con documento nacional de identidade número 34526369B.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á dita persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio WIitland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a mencionada resolución o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun (1) mes desde a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, ou ben poderá interpoñer directamente reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, no prazo dun (1) mes. A reclamación económico-administrativa deberá interpoñerse ante o órgano que ditou a presente resolución, de conformidade co establecido no artigo 235.3 da LXT.

Para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística