Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22308

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración con varios clústeres e asociacións de empresas para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Consello Europeo aprobou, o pasado 21 de xullo de 2020, o instrumento financeiro NextGenerationEU, que inclúe como elemento central un mecanismo para a recuperación e a resiliencia; e, o 27 de abril de 2021, por acordo do Consello de Ministros aprobouse o proxecto de Plan de recuperación, transformación e resiliencia para España.

O Plan de recuperación, transformación e resiliencia inclúe como compoñente 20 o Plan estratéxico de impulso á formación profesional, que supón a continuidade do Plan de modernización da formación profesional. Entre os investimentos dese compoñente 20 está o investimento 1, denominado Reskilling e upskilling da poboación activa ligado a cualificacións profesionais, entre cuxas liñas de actuación figura a número 4, que atende á formación en competencias emerxentes, de rápida evolución e con prospectiva na xeración de emprego. Así mesmo, atende tamén á formación naqueles sectores que, como consecuencia da previsible evolución das condicións económicas e sociais, xerarán no futuro postos de traballo.

No marco do devandito Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade articulou, entre outros instrumentos xurídicos, programas mediante convenios de colaboración con financiamento da Unión Europea-NextGenerationEU, o que determina a necesidade da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Estes convenios de colaboración están asinados entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e os clústeres e asociacións de empresas mencionados a seguir:

– Asociación Clúster TIC Galicia.

– Fundación Laboral de la Construcción.

– Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

– Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

– Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime).

– Federación Galega de Comercio.

– Clúster do Naval Galego (Aclunaga).

– Cámara Oficial Mineira de Galicia.

– Asociación Gallega de Hidrógeno.

En consecuencia, a través desta resolución dáse publicidade ao devandito convenio de colaboración para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, coas seguintes características:

– Obxecto do convenio: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os clústeres e asociacións de empresas e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización de accións formativas, de carácter non formal, vinculadas co Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de cualificación e recualificación da poboación activa dos respectivos sectores que se axusten ás necesidades máis inmediatas de formación do capital humano das empresas que o integran e que permita a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondente.

– Data de sinatura dos convenios: 10 de xaneiro de 2023.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2023.

– A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade achega ás ditas entidades as cantidades establecidas na seguinte táboa, con cargo á aplicación orzamentaria 11.50.323B.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento do obxecto do convenio e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU:

Código proxecto

2022 00172

Código proxecto

2023 00122

Total

Asociación Clúster TIC Galicia

G70157581

668.846,00 €

668.846,00 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

523.603,00 €

69.840,00 €

593.443,00 €

Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

315.214,00 €

315.214,00 €

Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)

G70284120

351.360,00 €

351.360,00 €

Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías

Asociadas de Galicia (Asime)

G36614774

334.262,00 €

121.536,00 €

455.798,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

561.700,00 €

561.700,00 €

Clúster do Naval Galego (Aclunaga)

G15710338

118.485,00 €

118.485,00 €

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

192.150,00 €

192.150,00 €

Asociación Gallega de Hidrógeno

G16854234

75.270,00 €

75.270,00 €

3.332.266,00 €

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción
do Emprego e Igualdade