O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».
Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Queda aprobado o prezo privado de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase co IVE incluído.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades
ANEXO
Sucasas, camiño e mitoloxía. 30 €.