Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Cima de Vila, no concello de Fornelos de Montes.

Segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «Cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese efectuar…». Para dar cumprimento ao disposto nese artigo, mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Cima de Vila que se realizarán na casa do Concello de Fornelos de Montes, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e deberán exhibir o seu DNI/NIF e os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 17 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/241-4.

Entidade beneficiaria: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Denominación da instalación: LMTS e CT Cima de Vila.

Concello: Fornelos de Montes.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

1

36019A001002030000ER

Descoñecida

2 de xuño de 2023

13.00