Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2023/071-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 82 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14, que substitúe ao apoio 9XX3EMJA//55 da LMTA TUI8032011, e final no apoio proxectado C-3000/14, que substitúe ao apoio 9XVTHTKS//56, e no cal se instala un reconectador. LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/14 e final no apoio existente 9XUVBSDB//56-1. A instalación está situada no Bouzón, Piñeiro, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar os posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/071-4.

Denominación: substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

Núm.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

O Bouzón-Piñeiro

Rústico

36054A040001570000EB

Carmen Fernández Alfaya

1

1,44

2

Adaballe

Rústico

36054A040002880000EG

Herdeiros/as de José Durán Cambra

2

1,44

3

Adaballe

Rústico

36054A040002840001RE

Ignacio Alonso Piñeiro

Pilar Alonso Piñeiro

31,50

20,07

4

Adaballe

Rústico

36054A040002850000EA

Enrique Fernández Pérez

31,19

5,23