Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2022/245-1).

Expediente: IN407A 2022/245-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Areas.

Concello: Carballo.

1. Características técnicas:

– Proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva), que se vai instalar na parcela con referencia catastral 002101000NH29D0000MF sita no lugar de Areas (concello de Carballo), con acceso desde vía pública.

– Modificación do treito da liña LAR-703 autorizado no expediente 27.393, de 250 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 96 (matrícula: A0AEV89P) de formigón tipo AM-AL-HV-300/14-Lira e nº 98 (matrícula: A052B7ML) de formigón tipo AM-AL-HV-300/14-Lira, consistente na substitución, respectando o seu actual emprazamento, do apoio nº 97 (matrícula: A07GLVC7) de formigón tipo 2×2A-HV/14, polo novo apoio metálico tipo AM-C-1000/16-H35-CA (Cs) en que se instalarán un paso aéreo-soterrado (PA/S) e elementos de seccionamento tipo XS. Esta operación implicará o retensado de 138 metros de condutor tipo LA-56 no van comprendido entre o apoio nº 96 existente e o novo apoio nº 97 proxectado e o tendido de 112 metros de novo condutor tipo LA-56 no van comprendido entre o novo apoio nº 97 proxectado e o apoio nº 98 existente.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 52 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

– Instalación dun (1) circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 191 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no apoio de formigón tipo HV-400/9 existente en que se conectará coa rede de baixa tensión aérea existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Areas

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Carballo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Celsa Balsa Blanco

002101000NH29D0000MF polígono 215, parcela 710

Villares

CT e acceso

20,67

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño