Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/183-1).

Expediente: IN407A 2022/183-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA CRN-708A (Valdoviño) apoios AQBEN6CL//146 e AQA90OJ8//147.

Concello: Valdoviño.

1. Características técnicas:

Reforma do treito aéreo da LMT CRN-708A comprendido entre os seus apoios nº 142 (matrícula: AQFPBWOL) de formigón tipo HV-1000/11 e nº 150 (matrícula: AQ3IQNJL) metálico tipo C-1000/14, autorizado nos expedientes 52.292 e IN407A 1995/154-1, consistente en:

– Desmontaxe dos actuais apoios nº 143 (matrícula: AQE6WX16) de formigón tipo HV-1000/10, nº 144 (matrícula: AQCPJPIV) de formigón tipo HV-1000/10, nº 145 (matrícula: AQBODW2O) de formigón tipo HVH-1600/14, nº 146 (matrícula: AQBEN6CL) de formigón tipo compás, nº 147 (matrícula: AQA90OJ8) de formigón tipo HV-1000/10 e nº 149 (matrícula: AQ64BGNQ) de formigón tipo HV-400/13. Esta operación implicará a desconexión e retirada de 155 metros de condutor tipo LA-56 tendido entre os apoios nº 143 e nº 145 e de 400 metros de condutor tipo LA-110 tendido entre os apoios nº 145 e nº 149.

– Os actuais apoios nº 143 e nº 144 serán substituídos, respectando o seu actual emprazamento, polos apoios metálicos tipo AL-AM-C-1000/16-H35-CA (CS)III e FL-C-3000/16-H35-CAIII, respectivamente. No novo apoio nº 144, proxéctase a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas.

– Baixo a actual traza do treito da LMT CRN-708A de referencia, proxéctase a instalación dun novo apoio nº 148-X1 metálico tipo AL-AC-C-3000/14-H35-CA (CS)III, en que se instalará un paso aéreo-soterrado (PA/S).

– O actual apoio nº 149 será substituído, respectando o seu actual emprazamento, polo apoio metálico tipo AL-AM-C-1000/14-H35-CA (CS)III.

– Rematadas as anteriores actuacións, proxéctase o tendido de 155 metros de novo condutor tipo LA-56 no van comprendido entre os novos apoios nº 143 e nº 144 e de 125 metros de novo condutor tipo LA-110 no van comprendido entre os novos apoios nº 148-X1 e nº 149.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 93 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 142 existente e o novo apoio nº 143 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 58 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 148 existente e o novo apoio nº 148-X1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 91 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 149 proxectado e o apoio nº 150 (matrícula: AQ3IQNJL) existente.

– Instalación de LMT soterrada, a 15 kV, de 370 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 144 proxectado e remate no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 148-X1.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, termo municipal de Valdoviño

Regulamentación LMTA CRN-708A (Valdoviño) apoios AQBEN6CL//146 e AQA90OJ8//147.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

1

Descoñecido

Polígono 502, parcela 439

Amedo

143

2

Labor ou labradío secaño

2

Descoñecido

5963705NJ6266S0001HI

Taraza

144 (PA/S)

14

Urbano. Solo sen edificar

3

Descoñecido

Polígono 502, parcela 490

Lagoas

148-X1 (PA/S)

14

Labor ou labradío secaño

4

José González

Carneiro

Polígono 502, parcela 527

Vilanova

149

14

Labor ou labradío secaño