Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para o equipamento do cemiterio da parroquia de San Xoán de Cerdeira (expediente 299/2022).

En cumprimento do establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, infórmase que polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de febreiro se aprobou inicialmente o proxecto de Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para o equipamento do cemiterio da parroquia de San Xoán de Cerdeira e se somete, xunto co estudo ambiental estratéxico, a un período de información pública por un prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Durante o período de información pública, poderá examinarse o PEID por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan.

O PEID afecta a terreos localizados no lugar da Fenteira, cualificados como solo rústico segundo o Plan xeral vixente, e comprenden unha superficie aproximada de 11.827,00 m2 e forman parte da parcela con número de referencia catastral 36034A125000170000WB, de superficie 2.316.019,00 m2, de titularidade catastral da Comunidade de Montes en Man Común de San Xoán de Cerdeira.

Acordouse tamén a suspensión do outorgamento de licenzas urbanísticas na área afectada polo PEID e cuxas novas determinacións supoñen modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión terá unha duración de dous (2) anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

As Neves, 10 de marzo de 2023

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente