Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22279

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de exposición pública dos convenios mixtos de planeamento e execución para os efectos de estudar unha nova ordenación da marxe dereita do sector 10-Parque Ofimático.

De conformidade co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401.2 do seu regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo), sométense a información pública, polo prazo dun mes, os convenios mixtos de planeamento e execución, para os efectos de estudar unha nova ordenación da marxe dereita do sector 10-Parque Ofimático.

O texto íntegro dos convenios está dispoñible no taboleiro de edictos do Concello, a través da seguinte ligazón:

https://www.coruna.gal/convenioparqueofimatico

A Coruña, 14 de marzo de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3846/2019, do 26 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade