Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22134

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se declara deserto o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213A).

No Diario Oficial de Galicia número 17, do 25 de xaneiro de 2023, publicase a Resolución do 11 de xaneiro de 2023 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213D).

No anexo I da Resolución do 11 de xaneiro de 2023 recóllense as bases polas que se rexe o procedemento de selección das entidades privadas sen ánimo de lucro para a referida atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica, e a base cuarta establece un prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa base décimo terceira, unha vez revisadas e avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas e emitido o informe, o órgano instrutor elevará á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude unha proposta de resolución en que se especificará a entidade seleccionada para levar a cabo a dita atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz, integrantes do complexo de Montealegre en Ourense. A resolución que poña fin ao procedemento de selección de entidade colaboradora ditaraa a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo máximo de tres meses desde a publicación da Resolución do 11 de xaneiro de 2023. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, poderase entender desestimada a solicitude por silencio, ao abeiro do establecido no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A base décimo cuarta do anexo I da Resolución do 11 de xaneiro de 2023, establece que a resolución do procedemento publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

No presente procedemento, a ausencia de solicitudes que concorran á convocatoria determina que, o 2 de marzo de 2023, a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude emita a decisión, coa declaración de deserto o procedemento de selección de entidade privada para a atención residencia e a intervención educativa integral e terapéutica no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de marzo de 2023, ditada no procedemento BS213A de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense, que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de marzo de 2023, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se declara deserto o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213A)

1. O día 25 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convoca o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense a través dun convenio de colaboración.

2. De acordo co indicado na dita resolución, a entidade coa que se asine un convenio de colaboración percibirá da Consellería de Política Social e Xuventude con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia unha compensación máxima polos gastos en que incorra no desenvolvemento da actividade conveniada de 10.111.663,52 €, que en ningún caso suporá un beneficio económico para a entidade conveniante. O dito importe será distribuído como segue:

Convenio de colaboración para a execución das medidas xudiciais privativas de liberdade no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz (Ourense)

2023

3.791.873,82 €

2024

5.055.831,76 €

2025

1.263.957,94 €

3. Transcorrido o prazo legal previsto na resolución para a presentación de solicitudes, non concorreu ningunha entidade ao proceso de selección para a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense.

Consideracións legais e técnicas:

1. Resolución do 11 de xaneiro de 2023 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo e no centro de atención específica de Montefiz do complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213D).

2. De acordo co establecido no punto décimo terceiro do anexo II da Resolución do 11 de xaneiro, a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude ditará a resolución que poña fin ao procedemento no prazo máximo de tres meses desde a publicación da resolución pola que se convoca o procedemento no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Poñer fin ao procedemento de selección de entidades sen ánimo de lucro sen levar a cabo a selección de ningunha entidade, por non se ter presentado ningunha proposta para a sinatura do convenio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude