Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de marzo de 2023, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transporte terrestre (expediente LU-01436-O-2022).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador LU-01436-O-2022 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícasellesa resolución ditada á persoa interesada.

Son informadas de que o expediente sancionador está á súa disposición na oficina do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 15 de marzo de 2023

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01436-O-2022

9373-BJG

X7395253V

Exceso de peso superior ao 5 %

5.9.2022; 16.23.00; NVI 543,8

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros