Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2023-009 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Pontevedra, 21 de marzo de 2023

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado

PO-RES-2023-009

José Manuel Janza Caride

Acordo de incoación

Polo xefe territorial

PO-RES-2023-032

Ángel Bermúdez Salazar

Acordo de incoación

Polo xefe territorial