Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2023/069-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS SAL804, CT e ITC.

Situación: Salvaterra de Miño.

Caracerísticas técnicas:

– Substitución do apoio ACPXDB3R da LMTA SAL8045098, situado na parcela con referencia catastral 36050A064001380000PS, no lugar da Chan, por un C-1000/12.

– Substitución do apoio ACO89C0F da LMTA SAL8045098, situado na parcela con referencia catastral 36050A064001340000PX, no lugar da Chan, por un C-1000/14.

– Liña de media tensión aérea (LMTA), a 20 kV, con condutor LA-56, de 87 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio proxectado C-1000/14.

– Instalación de un interruptor telecontrolado e un paso aéreo subterráneo no apoio C-1000/14 proxectado.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, de 504 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo, no apoio C-1000/14, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación 100 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36050A066005670000PI, no lugar da Tafona.

As instalacións están situadas na Chan, parroquia de Leirado, e na Tafona, parroquia de Corzáns, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/069-4.

Denominación: LMTA, LMTS SAL804, CT e ITC.

Concello: Salvaterra de Miño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

Tafona

Urbana

36050A066005670000PI

Pilar Represas Prego

Gabino Represas Prego

Jorge Represas Prego

CT

14,97

1,93

8,01

2

Cachada

Rústico

36050A064001340000PX

Luis Freán Arias

2

1,44

2,22

3,35

3

Cachada

Rústico

36050A064001380000PS

Descoñecido/a

1

1,44