Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 22001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de marzo de 2023 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia DH.D36.90047.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 36062982V o requirimento do 31 de xaneiro de 2023 ditado no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D36.90047.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícaselle que poderá presentar alegacións, perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia