Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 22000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un curso de formación de observadores en pesca de baixura.

Anúnciase a convocatoria dun curso de formación de observadores en pesca de baixura que os capacite para a realización das tarefas de mostraxe a bordo en actividades pesqueiras, coa finalidade de crear unha bolsa de traballadores cualificados e dispoñibles para realizar as funcións de observación a bordo, que permita complementar o actual equipo.

As bases da convocatoria poderán consultarse no portal web da Consellería do Mar, no enderezo https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/redemar, desde o mesmo día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse no portal web corporativo da Consellería do Mar, no enderezo https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/redemar

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro