Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a disolución da Asociación de Campings del Noroeste.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de disolución da Asociación de Campings del Noroeste (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ambito profesional: empresarios e propietarios de cámpings que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinantes: Fernando Colón Beis, Mª del Carmen Lago Breijo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais