Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete ao trámite de información pública o documento do Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030.

Unha vez elaborada a versión inicial do documento do Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030 (Priga) e de conformidade co establecido no artigo 54.4 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e ao realizar a consellería tramitadora a súa aprobación inicial mediante a Resolución do 31 de marzo de 2023, antes de redactar a proposta definitiva do plan sométese o documento ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Durante este tempo os/as interesados/as poden efectuar as alegacións que consideren oportunas.

O documento está á disposición dos/das interesados/as no seguinte enderezo da sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/participacion-plans-programas

As achegas, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático