Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de marzo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de marzo de 2023, relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Cabeza de Meda e outros, pertencente á CMVMC de Cacharrequille, Currás, Medón e Ratoeiras, no concello de Montederramo (Ourense).

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Cabeza de Meda e outros, pertencente á CMVMC de Cacharrequille, Currás, Medón e Ratoeiras, no concello de Montederramo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 21.9.2022, a CMVMC de Cacharrequille, Currás, Medón e Ratoeiras presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2316534) de revisión de esbozo do MVMC Cabeza de Meda e outros, no concello de Montederramo.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 10.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 25 de novembro de 2022 en relación coa citada solicitude. No dito informe indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares, sen entrar a revisar as estremas coas comunidades de montes lindeiras.

A superficie provisional do MVMC Cabeza de Meda e outros, unha vez revisado o esbozo, sería de 305,28 ha fronte ás 293 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 4,2 %. Porén, tendo en conta a proposta concorrente de deslindamento co MVMC montes de Cacharrequille, a superficie axustada do monte quedaría finalmente en 301,74 ha, co que o aumento sería do 3,0 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo do MVMC Cabeza de Meda e outros, de xeito que o perímetro quedaría revisado nas estremas con particulares.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo coa antedita lei, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular, os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 25 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 27 de febreiro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte veciñal en man común Cabeza de Meda e outros, pertencente á CMVMC de Cacharrequille, Currás, Medón e Ratoeiras, no concello de Montederramo.

Ourense, 15 de marzo de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense