Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 15 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 296).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme ao previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de marzo de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

34963459D

34963459D/22-02-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35598833P

35598833P/03-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Meis

36124809C

36124809C/02-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

39490668J

39490668J/07-12-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

53180755V

53180755V/10-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

53862075P

53862075P/26-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Pontevedra

54229555V

54229555V/25-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

54337240Q

54337240Q/13-02-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Redondela

77419940P

77419940P/28-11-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Grove, O

X9277321H

X9277321H/09-12-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35433044A

35433044A/11-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cambados

35454454T

35454454T/03-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

35471700L

35471700L/14-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cambados

36068556W

36068556W/24-01-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36150953J

36150953J/23-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

54116443L

54116443L/26-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cambados

54659208F

54659208F/31-08-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

77409120K

77409120K/18-04-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Grove, O

X2400651A

X2400651A/07-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Porriño, O

X5829875L

X5829875L/15-02-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Cambados