Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20306

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).

BDNS (Identif.): 683623.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos de Galicia que, con carácter previo á resolución de concesión da axuda, teñan as súas instalacións deportivas inscritas no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, de carácter plurianual para os anos 2023 e 2024, e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas aos concellos de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal, así como para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C).

Quedan excluídas as actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións deportivas.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións son as aprobadas a través da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).

Cuarto. Importe

Para conceder estas subvencións destinaranse 5.822.500 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Na anualidade 2023 destinaranse 3.425.000 € e na anualidade 2024 destinaranse 2.397.500 €.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes