Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2023 de aprobación definitiva do estudo de detalle para World Car Center (expediente 18423/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación definitiva a este estudo de detalle, formulado pola entidade Consorcio Zona Franca de Vigo, co obxecto do reaxuste de aliñacións das parcelas sitas nos números 34-36, 38-40 e 42 da avenida Alcalde Portanet, documentación técnica refundida inserida no Rexistro electrónico desta XMU con data do 15 de novembro de 2022 co cód. sol. web: W793886-9175 e número de documento 220283694, instrumento urbanístico redactado polo estudio de arquitectura Vaillo + Irigaray Architects con data de outubro de 2022, e asinado con firma dixital válida por Antonio Vaillo Daniel (arquitecto do COAVN colexiado nº 1181) e Juan Luis Irigaray (arquitecto do COAVN colexiado nº 841).

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do seu regulamento de desenvolvemento, para os efectos da eficacia deste acto de aprobación definitiva e a súa entrada en vigor, mediante a publicación deste acordo no DOG e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento definitivamente aprobado en soporte dixital e debidamente dilixenciado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Terceiro. Notificarlles este acordo á entidade promotora, así como a todos os interesados neste procedemento, mediante traslado literal da certificación de aprobación definitiva do presente acordo.

Cuarto. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Vigo, nun enderezo electrónico creado para tales efectos, así como no Portal de transparencia.

Quinto. Remitirlles un exemplar da documentación aprobada definitivamente, debidamente dilixenciada, aos correspondentes organismos da Administración estatal e autonómica con competencias sectoriais na materia, en atención ás consideracións e/ou observacións realizadas nos ditos informes sectoriais emitidos e que constan incorporados ao expediente de razón.

Sexto. Contra este acordo, que ten o carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de (2) dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigo 84.1 da LSG e 201.1 do seu regulamento), consonte o disposto no artigo 46.1 da LRXCA, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se consideren convenientes e sexan conforme dereito».

Vigo, 20 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo