Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20533

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que, para o efecto, consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola quenda de discapacidade intelectual, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 29 de decembro de 2020, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Quinto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021),

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***7934**

Tamayo Riera, Pablo

93,000

8,000

0,250

101,250

2

***9199**

Fernández Cordoves, Ismael

92,000

5,100

0,000

97,100

3

***8758**

Fernández Trigo, Miguel

93,000

0,000

3,450

96,450

4

***6181**

Ares Rioboo, Marcos

96,000

0,000

0,100

96,100

5

***8469**

Nieto García, Alejandro

88,000

6,100

1,800

95,900

6

***4252**

García Mosquera, Adrián

87,000

4,000

4,000

95,000

7

***7971**

García Piñeiro, Ángel

88,000

6,400

0,000

94,400

8

***0993**

Losada Fonticoba, Eva

86,000

8,000

0,000

94,000

9

***0539**

Pardo García, Rubén

85,000

4,120

4,250

93,370

10

***0428**

Barriuso Rodríguez, Aitor

89,000

4,000

0,000

93,000

11

***6030**

Carballido Regueiro, Javier

90,000

0,000

2,650

92,650

12

***3748**

Quintas Loqman, Alejandro Omar

91,000

0,000

0,000

91,000

13

***9933**

Gómez Grande, Pablo

90,000

0,000

0,000

90,000

14

***1544**

Perea Touza, Salvador

86,000

1,200

2,250

89,450

15

***5029**

Varas Merino, Juan Felipe

86,000

2,100

0,000

88,100

16

***7279**

Figueiras García, Roberto

84,000

0,000

3,700

87,700

17

***7437**

Pérez Martínez, Bárbara

84,000

1,200

2,250

87,450

18

***3955**

Vázquez Bello, Raúl

84,000

2,940

0,000

86,940

19

***0080**

Varela González, Felipe

82,000

4,000

0,150

86,150

20

***4475**

Nuñel Ferreiro, Manuel

84,000

0,000

1,650

85,650

21

***7713**

Pateiro González, Laura

80,000

4,000

1,450

85,450

22

***7378**

Voces Díaz, Elisa

85,000

0,000

0,000

85,000

23

***0934**

Seoane Brea, Anxo

81,000

4,000

0,000

85,000

24

***8802**

Pose Davila, Victoria

81,000

4,000

0,000

85,000

25

***8652**

Quiros Álvarez, Marta

77,000

8,000

0,000

85,000

26

***6076**

Padín Doval, Miriam

84,000

0,000

0,000

84,000

27

***4138**

Villalón Combo, Silvia

64,000

8,000

12,000

84,000

28

***8713**

Prieto Prado, José María

74,000

4,140

5,850

83,990

29

***8304**

Novo Lago, Álvaro

82,000

1,500

0,350

83,850

30

***8789**

Otero Chacón, David

81,000

0,000

2,650

83,650

31

***4997**

Mateo Medina, Beatriz

83,000

0,000

0,500

83,500

32

***8302**

Rozados Pereira, Christian

83,000

0,000

0,000

83,000

33

***9055**

Cabaleiro Groba, Sofía

81,000

0,720

1,200

82,920

34

***1838**

Pérez Mosquera, Andrés

73,000

0,000

9,350

82,350

35

***2847**

Lago Oubiña, Rubén

82,000

0,000

0,000

82,000

36

***5638**

Ríos Pazos, María

82,000

0,000

0,000

82,000

37

***0993**

Prego Rodríguez, Daniel

74,000

8,000

0,000

82,000

38

***6284**

Franco Acuña, José Luis

81,000

0,000

0,000

81,000

39

***7206**

López Rodríguez, Lorena

72,000

8,000

0,500

80,500

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.