Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20140

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se nomean rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude do concurso ordinario número 315, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública (BOE do 13 de febreiro), resolto pola Resolución do 6 de marzo de 2023, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución; co Decreto da Xunta de Galicia 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Irene Bemposta Iglesias, rexistradora de Benissa, para o Rexistro de Vigo nº 4.

– Santiago Amor Cacheiro, rexistrador de Saldaña, para o Rexistro de Mondoñedo.