Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20069

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se modifica a Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se autoriza o Plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da ría de Arousa, tempada 2023.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2023 aprobouse o Plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da ría de Arousa, para a tempada 2023.

O número 2 da devandita resolución establece:

«2. Período.

O período autorizado será desde o 1 de maio ata o 31 de outubro de 2023».

A presente modificación estivo suxeita ás consultas ao sector afectado e á súa posterior conformidade por parte da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e da Confraría de Pescadores de Rianxo.

Con base nisto, esta consellería

RESOLVE:

Modificar o numero 2 da Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se autoriza o Plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da ría de Arousa, tempada 2023, que queda redactado como segue:

«2. Período.

O período autorizado será desde o 1 de abril ata o 30 de setembro de 2023».

A presente resolución non modifica o resto das condicións establecidas no plan.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica