Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20120

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

BDNS (Identif.): 661487.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 2 de maio de 2023, polo que resulta ampliado o prazo regulado no artigo 6 das bases reguladoras da citada resolución.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia