Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de rehabilitación e abandono definitivo de labores da concesión da explotación Pielas número 2963.1 (PO/C/02963.1), situada no termo municipal de Fornelos de Montes, provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de rehabilitación e abandono definitivo de labores da concesión de explotación Pielas núm. 2963.1 (PO/C/02963.1), situada no termo municipal de Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, denominado Proyecto de restauración de solos e zonas afectadas pola minaría na explotación Pielas núm. 2963.1, Fornelos de Montes, Pontevedra (código Gal9) con cargo ao investimento i3 restauración de ecosistemas e infraestrutura verde do compoñente 4 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, elaborado pola Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P., no sucesivo Tragsa por encargo a medio propio personificado realizado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en data 2.11.2022, ao seu favor, dada a situación de liquidación da empresa titular e explotadora do dereito mineiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, achegándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 10 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra