Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente-e IN407A 2021/218-1).

Expediente-e: IN407A 2021/218-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS, CT e RBT Laxe, no lugar da Laxe.

Concello: Culleredo.

Feitos:

1. O 10 de novembro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar da Laxe, concello de Culleredo, proxéctase un novo centro de transformación de 250 kVA de potencia e liña de media tensión soterrada na LMT GRN716 (expediente AT 25789) para alimentalo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado LMTS, CT e RBT Laxe. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista acreditouse mediante unha certificación emitida polo COITIVigo o 28 de outubro de 2022, en que se sinala que Victoriano Gónzalez Lemos é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade de electricidade.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 12 de agosto de 2022.

– DOG: 12 de setembro de 2022.

– BOP: 26 de agosto de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 2 de setembro de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal da secretaria xeral do Concello de Culleredo do 21 de outubro de 2022.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) presentou alegacións. A estas alegacións déuselles traslado á empresa promotora que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Axencia Estatal de Seguridade Aérea, Concello de Culleredo e Compañía Logística de Hidrocarburos CLH, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, de Estradas, AESA e o Concello. A día desta resolución, non consta no expediente resposta da empresa e do organismo afectado, é dicir, Hidrocarburos e Augas, á solicitude do condicionado solicitado.

5. O 23 de febreiro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– LMS a 15 kV, de 277 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio número AFJIMVSC//D33-6 existente da liña LMT GRN716 (expediente AT 25789) e remate no CT proxectado. Instalación de seccionador XS no apoio AFJIMVSC//D33-6.

– CT no lugar da Laxe, tipo rural con manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 25.000/400-230 V.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada polo ICOIIG, mediante o escrito do 10 de xuño de 2022, esa entidade solicita que se inadmita ou, se é o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, e alega en síntese o seguinte:

– O proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade.

– As competencias profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais son distintas dos enxeñeiros industriais. Nas atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

– Os enxeñeiros técnicos terán as facultades e atribucións no exercicio da súa profesión dentro do ámbito da súa respectiva especialidade técnica.

– O ICOIIG engade que cando non consta acreditada a especialidade do enxeñeiro técnico industrial que redactou e asinou o proxecto implica un impedimento para apreciar favorablemente a competencia do dito enxeñeiro.

6. A empresa promotora respondeu ás alegacións do ICOIIG presentando certificacións dos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais de Vigo e León, en que se establece que o técnico proxectista ten a titulación de enxeñeiro técnico industrial, especialidade de electricidade.

7. Á vista da alegación presentada e da contestación do promotor, considérase que:

– Segundo a Sentenza do Tribunal Supremo STS 4337/2021, respecto das competencias dos enxeñeiros técnicos industriais establece o seguinte: «...a facultade de redactar proxectos non corresponde exclusivamente aos enxeñeiros superiores, xa que os enxeñeiros técnicos industriais tamén poden asinar determinados tipos de proxectos sempre que a potencia e envergadura se atope dentro dos límites que establece o Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño. As atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais delimítanse entre si polo principio de especialidade de cada un deles: mecánica, química industrial, téxtil electrónica industrial, segundo a súa diferente titulación». «...Non teñen atribucións absolutas senón as que lles atribúe a súa titulación...». «...O límite de competencia profesional relativo á tensión será de 66,000 voltios cando as instalacións se refiran a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica».

– No expediente consta documentación acreditativa da competencia profesional do técnico proxectista para a elaboración do proxecto técnico presentado.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña